Asociación

AGGETT Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións nace coa finalidade de crear un foro de unión para os Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións galegos. Un marco diseñado para poñer en común necesidades e inquietudes, compartir experiencias e contribuir ao prestixio da nosa profesión.

A AGGETT pretende cubrir as necesidades profesionáis de todos e cada un dos seus asociados, aportandolles un valor engadido no ámbito laboral, cubrir temáticas persoáis de interese xeral e cubrir as inquietudes sociáis dentro do ámbito profesional, defendendo a profesión común e fomentando o estudo da enxeñería de Telecomunicación.

A AGGETT é o representante en Galicia do COGITT/AEGITT Colegio Oficial de Graduados e Ingenieros Técnicos de Telecomunicación.