A Quen se Dirixe

A AGGETT diríxese:

  • Ós Graduados en calquera das tecnoloxías de telecomunicacións.
  • Ós Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación en calquera das suas ramas específicas.
  • Ós profesionáis galegos de acreditada experiencia na actividade da enxeñería de telecomunicación e da sociedade da información.
  • Á cidadanía como usuaria dos servizos de telecomunicacións, tecnolóxicos e de acceso á sociedade da información.
  • Ás empresas que desenvolven servizos de telecomunicacións, consultoría e formación que axudan a mellorar a actividade.
  • A outras organizacións de profesionáis, empresariáis, de cidadans e que representen á sociedade galega.
  • A universidades galegas.
  • Ó sector público.

Pódese decir que a AGGETT abarca as competencias sobre as tecnoloxías hardware e software, sistemas electrónicos, sistemas de comunicacións, sistemas multimedia, de sonido e imaxen, os servizos de soporte TI, o telecontrol e a teleasistencia, e tódoslos contidos desta nova sociedade na que vivimos, a sociedade da información.