Coñece a AGGETT

A AGGETT Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos en Telecomunicacións, nace no ano 2014 como resposta a demanda social de crear un foro único donde os profesionáis galegos da actividade da Enxeñería Técnica de Telecomunicación poidan expresar libremente as súas inquietudes, compartir experiencias, irmandar vontades, capacitarse e servir a sociedade da mellor maneira posible.

Entre outros obxectivos de constitución da AGGETT están os de contribuir ó prestixio social, laboral e científico de tódolos asociados e contribuir cos nosos coñecementos ó progreso social de Galicia.

misión da AGGETT é dotar a cada asociado de instrumentos eficaces que melloren a relación coa sociedade e a súa imaxen profesional, fomentando e divulgando información, coñecemento e experiencias entre aqueles profesionáis e empresas que configuran a actividade das Telecomunicacións e a Sociedade da Información.

Actualmente a AGGETT concentra a máis de 150 profesionáis con cualificación probada na enxeñería de telecomunicacións e as tecnoloxías da información e as comunicacións. Un conxunto de profesionáis que representan ás principáis empresas do sector tecnolóxico galego.

A AGGETT é a representante en Galicia do COGITT/AEGITT Colegio Oficial de Graduados e Ingenieros Técnicos de Telecomunicación e mantén relacións moi estreitas e de crecente colaboración coas súas homónimas no resto de comunidades autónomas de España.