Editorial do Presidente

Prezados compañeiros:

En nome da xunta directiva da Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (AGGETT) e no meu propio, teño o pracer de darvos a benvida a este espazo de todos os que teñen relación co sector das tecnoloxías da información e das comunicacións, especialmente dos graduados e enxeñeiros técnicos de telecomunicacións.

A través deste espazo, quedamos a vosa completa disposición de maneira que, conxuntamente, poidamos fomentar o éxito profesional da figura do graduado e do enxeñeiro técnico de telecomunicacións en Galicia, quenes somos referentes nos tempos que corren e sobre os que recae gran parte da responsabilidade dos avances tecnolóxicos.

Pretendemos que a AGGETT sexa un lugar de unidade, de defensa da profesión e dos profesionais, así como un sitio de traballo conxunto no que a prioridade sexa a promoción das novas tecnoloxías, a creación de sinerxias profesionais e achegar as telecomunicacións á sociedade, apoiando as liñas de innovación sobre as que se está apostando en Galicia.

Somos conscientes do prestixio dos graduados e dos enxeñeiros técnicos de telecomunicacións galegos. Sabemos do recoñecemento ao capital humano que abandeira o sector en Galicia; por elo a responsabilidade que conleva a representación, ten unha complexidade engadida que, coa vosa axuda, esperamos poder levar a cabo segundo o que esperades desta organización.

Somos os graduados e enxeñeiros técnicos de telecomunicacións galegos os responsables dos avances tecnolóxicos e das novas bases para o crecemento nas economías modernas desenvolvendo novidosos avances tecnolóxicos que farán mudar as costumes e os procesos produtivos actuais, inmiscuíndonos nunha continua transformación

Dende a AGGETT, promocionaremos o dinamismo e a actividade constante, apostaremos pola formación continua e especializada, apoiaremos cegamente aos xóvenes, de maneira que consigamos seguir labrando o prestixio e o orgullo do futuro do sector, polo que unha das grandes preocupacións e centro de atención van a ser as universidades e os centros formativos en novas tecnoloxías.

En definitiva, esta asociación pretendemos que sexa aberta, dinámica e comprometida, da que faremos o que todos queiramos que sexa, sempre da man do avance tecnolóxico, da formación técnica e de toda promoción das novas tecnoloxías.

Dende aquí quedamos a vosa total disposición.