Obxectivos e Funcións

O obxectivo é acompañar ós Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación:

  • Facilitando que desenvolvan unha carreira de éxito, a nivel profesional, social e humán, estreitando os lazos de compañeirismo entre tódolos asociados, de maneira que se estimule o orgullo de pertenza ó noso colectivo profesional.
  • Contribuíndo ó prestixio social, laboral e científico dos asociados, así como velar pola ética e moral profesional.
  • Promovendo os estudos de Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, así como a formación permanente e mellora continua dos nosos asociados.
  • Contribuíndo ó desenvolvemento e progreso da Comunidade de Galicia achegando coñecementos, opinando e tomando iniciativas sobre as materias que garden relación coa nosa profesión, e colaborando coa difusión e potenciación das Telecomunicacións.

A AGGETT desenvolve dúas funcións principais:

  • Por un lado, satisfacelas necesidades colectivas de cada un dos nosos asociados, mediante bens e servizos.
  • Polo outro, proporcionar un selo de confianza nos servizos de ámbito tecnolóxico que recibe a sociedade civil, fomentando que o deseño das solucións, produtos ou servizos desenvolvidos polos nosos asociados produzan un efecto de progreso na nosa rexión.

Se desexas que te manteñamos informado ou solicitar información sobre os nosos servizos e actividades, non dudes en poñerte en contacto con nos.