Edificios de Carácter Permanente

Proxectos, certificacións e direccións de obra de centrais telefónicas, radioeléctricas, telegráficas e outros tipos, en edificios permanentes de índole pública e privada.

Atribucións xeráis do Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación:

  • Decreto 2479/1971 (BOE 18.10.71) regula as facultades e competencias dos enxeñeiros técnicos de telecomunicación.
    • Art 1.1 “… a construcción de centrais telefónicas, radioeléctricas, telegráficas…”
  • Ley 12/1986 (BOE 2.4.86) referente a regulación das atribucións profesionáis dos arquitectos e enxeñeiros técnicos.
  • Lei 38/1999, de Ordenación da Edificación.
    • Construcción de Edificios de Carácter Permanente Art.2 apartados b) e c) completos. Excluidos os do apartado a) que son os dedicados á vivenda humana, culto, sanitario, administrativo, docente e cultural.
  • Real Decreto 1954/1994 (BOE 17.11.94) referente a homologacións de títulos.

Nota: Cando estes asuntos teñan efectos nun servizo exclusivo de telecomunicacións, o Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación é nese caso máis prevalente que outras titulacións coas que comparte atribucións e comparte a atribución cos arquitectos para o deseño do edificio.

Idéntico criterio aplícase no caso do deseño dunha Industria adicada á fabricación de aparellos de telecomunicacións nas que se comparten atribucións cos Enxeñeiros Industriáis. (cos aeronáuticos en aeroportos, cos navales en portos, etc.)

Todo esto permite:

  • Emitir opinións ou informes e practicar peritaxes.
  • Dirixir a execución material da construcción, instalación, control técnico e o mantemento das súas instalacións ou industrias.
  • Redactar e firmar proxectos.

Os Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación (ETT) cursan actualmente unha das catro especialidades seguintes:

  • Telemática.
  • Son e Imaxen.
  • Sistemas Electrónicos.
  • Sistemas de Telecomunicacións.