Licenzas de Actividade

Redacción do proxecto que define e xustifica que tódalas obras e instalacións a realizar, cumpren as normativas establecidas polos Ministerios de Vivenda, Traballo, Industria e Sanidade.

Atribucións do  Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación:

  • Decreto 2479/1971 (BOE 18.10.71) regula as facultades e competencias propias dos enxeñeiros técnicos de telecomunicación.
  • Lei 12/1986 (BOE 2.4.86) referente á regulación das atribucións profesionais dos arquitectos i enxeñeiros técnicos.
  • Real Decreto 1954/1994 (BOE 17.11.94) referente a homologacións de títulos.
  • Decreto 2414/1961 Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas, e transposicións derivadas nas comunidades Autónomas.
  • Lei 38/1999, de Ordenación da Edificación.

Nota: Cando estos asuntos teñan efectos nun servizo exclusivo de telecomunicacións, o Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación é, nese caso, máis prevalente que outras titulacións coas que comparte atribucións e cós arquitectos no edificio.

Todo esto permite:

  • Emitir opinións ou informes e practicar peritaxes.
  • Construcción de toda clase de instalacións.
  • Redacción, firma e dirección de proxectos.
  • Exerce-la docencia.
  • Dirección de industrias.

Especialidades dos Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación (ETT):

  • Telemática.
  • Son e Imaxen.
  • Sistemas Electrónicos.
  • Sistemas de Telecomunicacións.

Licenza de Actividades ou de Apertura:

A Licenza de Apertura consiste nunha documentación que virá acompañada dun proxecto. Este debe definir e xustificar que tódalas obras e instalacións a realizar cumpran as normativas establecidas polos Ministerios de Vivenda, Traballo, Industria e Sanidade; é dicir, fai falta incluír un estudo contra incendios, un estudo acústico, un estudo de ventilación, un estudo de extracción de fumes, etc.

Hai que ter en conta as ordenanzas municipais e os Decretos das respectivas Comunidades Autónomas.