17 Maio | Visita Congreso de los Diputados, AESA e COGITT

Desde a Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións, e aceptando a invitación da Excma Presidenta do Congreso, Ana Pastor Julián, realizaremos unha visita ao Congreso de los Diputados o próximo 17 de maio.

A AGGETT invita aos colexiados e asociados galegos a participar na visita ao Congreso, coa recepción oficial da súa Excelentísima Presidenta e dos Diputados galegos que nos representan na Cámara Baixa das Cortes Xerais.

A visita terá lugar o día 17 de maio, coincidindo co Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (DMTSI) e co Día das Letras Galegas. Sendo unha data tan significativa para os Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións e para Galicia, o noso colectivo aproveita para visitar e poder transmitir as nosas inquietudes e peticións aos representantes políticos.

Do mesmo xeito, tamen teremos a posibilidade de visitar a sede daAgencia Estatal De Seguridad Aérea, coa recepción oficial dos membros da Dirección, así como do equipo de RPAs, cos que traballamos conxuntamente na preparación do recente Congreso Internacional de Drons de Galicia. E para completar a xornada, visitaremos a sede doColegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación.

Poden inscribirse mediante mail a aggett@aggett.es, indicando no asunto “Visita Congreso Diputados” e tódolos datos persoais (incluido DNI) e teléfono de contacto.

Be the first to comment on "17 Maio | Visita Congreso de los Diputados, AESA e COGITT"

Deja un comentario.

Tu dirección de correo no será publicada.


*