Visita ó “Congreso de los Diputados”

En resposta a invitación feita por Ana Pastor Julián e con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información, coincidindo como cada ano co Día das Letras Galegas, a Aggett representada pola súa Xunta Directiva e un grupo dunha veintena de profesionáis galegos das telecomunicacións visitou este 17 de maio o Congreso de los Diputados.

En esta visita, na que os graduados e enxeñeiros técnicos de telecomunicacións, acompañados por representantes do Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación, foron recibidos polos seus representantes na Camara Baixa. Estes deputados galegos, acompañaron aos profesionáis polas dependencias da institución e os sitios relevantes do Congreso.

A Excma. Presidenta do Congreso transmitiu o seu apoio a esta xoven asociación, recoñecendo e felicitándoos polo enorme traballo realizado na súa andadura, animando aos seus integrantes a seguir traballando polo sector das telecomunicacións e as novas tecnoloxías.

Os deputados galegos, apoiaron as palabras de Ana Pastor, quedando todos eles a disposición da Asociación para trasladar as nosas inquietudes a onde corresponda e apoiar as iniciativas, que nacidas dende a AGGETT, poidan potencias e promover o sector TIC especialmente na nosa comunidade.

Para rememorar a recepción, José M. Martínez, Presidente da AGGETT, fixo entrega á Presidenta do Congreso dos Deputados, dunha figura conmemorativa que fai referencia á identidade galega, á cultura e aos inicios das telecomunicacións.

Be the first to comment on "Visita ó “Congreso de los Diputados”"

Deja un comentario.

Tu dirección de correo no será publicada.


*