Servizos

Un dos nosos principais obxectivos é facilitar elementos de participación ós membros da asociación, así como a posta en marcha dunha serie de Servizos que rixan a actividade da AGGETT:

Coa publicación desta serie de Servizos, a Xunta Directiva da AGGETT completa o séu compromiso respecto a mellora da xestión da organización, así coma reafirmar a súa determinación para mellorar día a día a calidade dos servizos que presta, a información que ofrece e a transparencia da súa xestión. Da mesma maneira, aporta un novo instrumento para avanzar na difusión, promoción e apoio ós Enxeñeiros e Graduados en materia de Telecomunicacións.

A misión da AGGETT é dotar a cada asociado de instrumentos eficaces que melloren a relación coa sociedade e a súa imaxen profesional, fomentando e divulgando información, coñecemento i experiencias entre aqueles profesionais e empresas que configuran a actividade das Telecomunicacións e a Sociedade da Información.