Emprendemento

Unha das principais motivacións da AGGETT é definir estratexias, conceptos e ideas que axuden ós asociados e ó colectivo en xeral a cubrir as necesidades laborais e fomentar o desenvolvemento empresarial dos mesmos.

É fundamental que dende a asociación sexamos capaces de:

  • Realizar actividades de networking profesional
  • Dispoñer de bolsas de emprego e facilitar que os nosos asociados dispoñan de información referente a novas oportunidades laborais
  • Colaborar con outras entidades privadas na captación de ofertas
  • Axudar ó autoemprendemento, facilitando información e colaborando na resolución de problemas
  • Fomentar a xestión de proxectos de innovación que axuden a crear novos nichos profesionais