Información e Difusión

Dende AGGETT mantemos un compromiso de ofrecer toda a información das nosas actividades e operacións; dita información consiste en:

  • Informar a tódolos socios a nivel interno (vía correo ou teléfono) de tódalas actividades.
  • Actualizar e difundir de forma constante información e resultados das actividades desenvoltas pola asociación (mediante a web e correo electrónico).
  • Poderase dispor de forma privada do rexistro de asociados que non afecten ós dereitos e principios da Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal.
  • Dentro da páxina web existirá un servizo de contacto para atender as demandas dos asociados.
  • Realizarase unha publicación constante de noticias de interese para os asociados.