Relacións Institucionais

A AGGETT ten entre os seus obxectivos representar institucionalmente ó colectivo e defender ós seus profesionais en tódolos estamentos sociais. Ademais, deberá loitar de forma permanente para que dende os estamentos sociais se faga un uso xusto das telecomunicacións na sociedade.

Dende a asociación comprometémonos a realizar de forma continuada reunións cos seguintes entes:

  • Concellos e Deputacións
  • Xunta de Galicia
  • Universidade
  • Patronais, clusters e empresas
  • Grupos políticos
  • Outros colectivos como colexios profesionais, sindicatos, movementos sociais, …